Os requisitos de acceso ao mestrado son os fixados no artigo 18 do Real Decreto 822/2021, do 29 de setembro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade.
- A posesión dun título universitario oficial de graduada ou graduado español ou equivalente é condición para acceder a un mestrado universitario, ou no seu caso dispoñer doutro título de mestrado universitario, ou títulos do mesmo nivel que o título español de grao ou mestrado expedidos por universidades e institucións de educación superior dun país do EEES que no devandito país permita o acceso aos estudos de mestrado.
- De igual modo, poderán acceder a un mestrado universitario do sistema universitario español persoas en posesión de títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivallan ao título de grao, sen necesidade de homologación do título, pero si de comprobación por parte da universidade do nivel de formación que implican, a condición de que no país onde se haxa expedido devandito título permita acceder a estudos de nivel de posgrao universitario. En ningún caso o acceso por esta vía implicará a homologación do título previo do que dispoñía a persoa interesada nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de realizar os estudos de mestrado.
O acceso do estudantado ao Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia, por tanto, esixirá que teña o título de Grao en Fisioterapia (240 ECTS) ou de formación universitaria en Fisioterapia equivalente, sexa doutro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior ou non.